Custodia do Territorio

A nosa acción baséase na custodia do territorio: acordos voluntarios con persoas propietarias, comunidades e institucións para preservar espazos de interese ecolóxico. Intervimos en zonas de refuxio, alimentación e cría de morcegos, promovendo medidas de conservación compatibles co uso sostible da terra.

Que facemos

  • Identificación e seguimento de colonias de morcegos en Galicia
  • Instalación de caixas-refuxio e protección de cavidades naturais
  • Actividades de educación ambiental e participación cidadá
  • Asesoramento técnico en obras, rehabilitacións e xestión forestal
  • Divulgación científica e formación especializada

Por que os morcegos?

Os morcegos son aliados naturais na loita contra pragas agrícolas, dispersan sementes e contribúen ao equilibrio dos ecosistemas nocturnos. En Galicia, moitas especies están ameazadas pola perda de hábitat, o uso de pesticidas ou a alteración de refuxios tradicionais como muíños, palleiras ou igrexas. Protexelos é protexer a biodiversidade e o patrimonio natural.

Únete á custodia

Se tes unha finca, un edificio ou simplemente curiosidade por colaborar, podes formar parte da rede de custodia. Xuntos podemos garantir un futuro para os morcegos e para os espazos que compartimos.